25 de novembro de 2012: Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero

25 de novembro de 2012: Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero nos Museos da Rede Museística da Deputación de Lugo

 O 17 de decembro de 1999, a través da resolución 54/134, a Asemblea Xeral da ONU declarou o 25 de novembro como o Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero, e invitou aos gobernos, as organizacións internacionais e as organizacións non gobernamentais a que organicen nese día actividades dirixidas a sensibilizar á opinión pública respecto ao problema da violencia contra a muller.Desde 1981, as militantes en favor do dereito da muller observan o 25 de novembro como o día contra a violencia. A data foi elixida como conmemoración do brutal asasinato en 1960 das tres irmás Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo (1930-1961). O 20 de decembro de 1993, a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller (A/RES/48/104).

 Sitio dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo para amosar as accións e actividades  que emprendemos para sensibilizar á sociedade contra a violencia de xénero

 

Los comentarios han sido cerrados para esta nota